Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MUIÑOS CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

27 Nov 2017

Estará en vigor os anos 2018 e 2019

O concello de Muiños fai público no BOP do 27 de novembro o anuncio das bases que rexerán a creación dunha Bolsa de Emprego no concello de Muíños para os exercicios 2018-2019. A Xunta de Goberno Local, na sesión realizada o día 17 de novembro de 2017, aprobou as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no Concello de Muíños para os exercicios 2018-2019. As ditas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal e na páxina web do concello (www.concellomuinos.com) e entrarán en vigor ao día seguinte da publicación deste anuncio.  O prazo de presentación de instancias para as distintas categorías será de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello de Muíños. Todos os anuncios sucesivos serán publicados, exclusivamente, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

Volver