Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MUIÑOS BUSCA UN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL

26 Xun 2021

Trátase dun contrato deica a fin do ano e prorrogábel

O concello de Muiños fai pública no BOP do 26 de xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica, segundo as bases aprobadas por Acordo da Xunta de Goberno Local do 23 de xuño de 2021:
1. Número e denominación das prazas: 1 traballador/a social
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado, a xornada completa
3. Duración do contrato: 31/12/2021 (prorrogábel)
4. Sistema de selección: concurso-oposición
5. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao de publicarse o presente anuncio de
convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios, na web do concello (concellomuinos.com) e na súa sede electrónica: [http://concellomuinos.sedelectronica.gal].

Volver