Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MUIÑOS BUSCA PIONS

26 Abr 2022

Traballarán para emerxencias, prevención e defensa contra incendios forestais para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES)

O concello de Muiños fai público no BOP do 29 de abril que por acordo da Xunta de Goberno Local, do día 27 de abril de 2022, aprobáronse as bases para a provisión de tres (3) prazas de pión de emerxencias, prevención e defensa contra incendios forestais para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da zona Baixa Limia-Muíños.

1. Número de prazas: 3 pións de emerxencias, prevención e defensa contra incendios forestais para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da zona Baixa Limia-Muíños.

2. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal de duración determinada de substitución para a cobertura dun posto de traballo durante o proceso de selección para a súa cobertura definitiva mediante contrato fixo (D.A. 4ª p3º Real decreto lei 32/2021).

3. Xornada: completa

4. Sistema de selección: concurso-oposición

5. Duración do contrato: ata que finalice o proceso de selección para a cobertura definitiva destas 3 prazas como persoal laboral fixo.(D.A. 4ª Real decreto lei 32/2021).

6. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios admitidos en dereito

7. Exposición de bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios, na páxina web do concello (http//www.concellomuinos.com) e na sede electrónica municipal [http://concellomuinos.sedelectronica.gal].

Volver