O CONCELLO DE MONTERREI PUBLICA OFERTA PARA DEZ POSTOS DE TRABALLO
Son para xef@s de brigada, pións condutor@s e pións
O concello de Monterrei fai pública no BOP do 12 de xuño a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: 2 xef@s de brigada, 2 pións-condutores e 6 pións. A alcaldía, mediante resolución do 7 de xuño de 2017, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a 2 xef@s de brigada, 2 pións-condutor@s e 6 pións. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 h, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación no BOP (12/06/17). As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es

