O CONCELLO DE MONTERREI PRECISA CATRO PIÓNS DE OBRAS PÚBLICAS
Trátase dun concurso oposición
O concello de Monterrei publica no BOP do luns 6 de xullo a convocatoria de selección de persoal para a provisión de postos de traballo para catro pións de obras públicas. A alcaldía, mediante a resolución do 2 de xullo de 2020, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a selección e contratación de catro pións de obras públicas. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 h, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es

