O CONCELLO DE MONTERREI OFERTA UNHA PRAZA DE AUXILIAR NO SERVIZO DE LIMPEZA
27
Nov
2018
Trátase dunha contratación de urxencia
O concello de Monterrei fixo pública no diario "La Región" a oferta para a contratación de urxencia dunha praza laboral temporal a xornada parcial de auxiliar no servizo de limpeza. A contratación realizarase mediante concurso de méritos, e ten unha duración de seis meses.
SE QUERES DESCARREGAR AS BASES DO PROCESO ABRE O PDF QUE ESTÁ DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA

