O CONCELLO DE OÍMBRA OFERTA UNHA PRAZA DE ADMINISTRATIV@ PARA A OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL
O concello de Oímbra acordou aprobar as bases para a selección de 1 trababallor/a, mediante o sistema selectivo de concurso, valorando os méritos que se sinalan nas bases, xunto cunha entrevista. Estas bases publicaranse íntegramente na páxina web do concello, no BOP e no taboleiro de anuncios. O posto de traballo que se convoca é unha praza na modalidade da contratación de contrato por obra ou servizo determinado, a tempo completo. A duración do contrato comezará o día 01-06-2017 e rematará o día 31-05-2018. O horario do contrato é de 40 horas semanais, 8 horas ao día. A denominacións do posto é de administrativo da OIX de Oímbra (Oficina de Información Xuvenil).
O prazo de presentación das solicitudes é de 4 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP (20/5/17)
Se queres ollar as bases abre o pdf que está debaixo da fotografía

