Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE MONTERREI OFERTA UN POSTO TEMPORAL

26 Xan 2017

Trátase dunha praza de auxiliar administrativ@

O concello de Monterrei publica no BOP do 26 de xaneiro a convocatoria de selección de persoal para a provisión dun posto de traballo para un/ha auxiliar administrativa/o contable. A alcaldía, mediante resolución do 23 de xaneiro de 2017, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a un/ha auxiliar administrativ@ contable. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo dos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que podes descarregar abrindo o pdf que está debaixo da fotografía.

Volver