O CONCELLO DE MONTERREI OFERTA UN POSTO DE EDUCADOR/A SOCIAL
Trátase dun contrato temporal
O concello de Monterrei publica no BOP do 2 de novembro a convocatoria de selección de persoal para a provisión dun posto de traballo para un/ha educador/a social. A alcaldía, mediante resolución do 25 de outubro de 2017, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a un/ha educador/a social. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 h, durante o prazo dos cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio no BOP (2/11/17). As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es

