Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE MONTERREI OFERTA TRES POSTOS TEMPORAIS

15 Mar 2017

Son prazas para 3 albaneis e 3 pións de obras públicas

O concello de Monterrei publica no BOP do 15 de marzo a convocatoria de selección de persoal para a provisión de postos de traballo: 3 albaneis e 3 pións de obras públicas. A alcaldía, mediante resolución do 10 de marzo de 2017, aprobou as bases ás que se axustará o concurso de méritos para seleccionar e contratar temporalmente tres albaneis e tres pións de obras públicas. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo dos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP (15/3/17). As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases,que podes descarregar premendo no pdf que está debaixo da fotografía.

Volver