Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MONTERREI OFERTA TRES CONTRATOS TEMPORAIS E CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

18 Mai 2020

Os contratos son para pións de obras públicas e a bolsa de emprego é para axuda no fogar

O concello de Monterrei fai públicas no BOP do 18 de maio as convocatorias de selección de persoal para a creación dunha bolsa de emprego no servizo de axuda no fogar, e para a provisión de postos de traballo: tres pións de obras públicas. A alcaldía, mediante a resolución do 12 de maio de 2020, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a creación dunha bolsa de emprego no servizo de axuda no fogar, e para a selección e contratación de tres pións de obras públicas. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 h, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es

Volver