O CONCELLO DE MONTERREI OFERTA NOVE POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Son para 1 técnica/o de xestión ambiental e 8 pións
O concello de Monterrei fai públicas as bases que rexerán o proceso de selección para a contratación temporal dun/ha técnica/o de xestión ambiental e oito pións ambientais para a creación dunha brigada municipal de protección do ambiente e do espazo natural dos concellos de Monterrei e Cualedro.
BASES QUE REXERÁN O PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE UN/HA TÉCNICA/O DE XESTIÓN AMBIENTAL E OITO PIÓNS AMBIENTAIS PARA A CREACIÓN DUNHA BRIGADA MUNICIPAL DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E DO ESPAZO NATURAL DOS CONCELLOS DE MONTERREI E CUALEDRO
Primeira. Obxecto da convocatoria.
1. O obxecto destas bases é convocar un proceso de selección por concurso-oposición para a contratación por este concello de 1 TÉCNICA/O DE XESTIÓN AMBIENTAL E 8 PIÓNS AMBIENTAIS para a brigada municipal de protección do ambiente e do espazo natural.
2. O contrato laboral que se subscribirá será o de obra ou servizo determinado, regulado no artigo 15.1.a) do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballador@s.
3. Funcións: actividades de recuperación e protección do ambiente e do espazo natural nos concellos de Monterrei e Cualedro
4. Sistema de selección: concurso-oposición.
Segunda. Prazas que se convocan.
As prazas obxecto desta convocatoria son as seguintes:
1 técnica/o:
-Contrato laboral: obra ou servizo determinado.
-Xornada laboral: 75%.
-Duración: tres meses.
-Retribución: 1500 euros/brutos. (incluídos todos os conceptos salariais)
8 pións:
-Contrato laboral: obra ou servizo determinado.
-Xornada laboral: 75%.
-Duración: tres meses.
-Retribución: 800 euros/brutos. (incluídos todos os conceptos salariais)
Terceira. Condicións e requisitos dos aspirantes.
Os aspirantes que tomarán parte no concurso-oposición deberán reunir, na data na que remate o prazo concedido para a presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:
a) Ser español/a ou cidadá/n dalgún estado membro da Unión Europea nos termos establecidos no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, así como estranxeiros con residencia legal en España.
b) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
c) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o correcto desempeño das correspondentes funcións.
d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo do Estado, comunidades autónomas ou entidades locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.
e) Non estar incurso en causa vixente de incapacidade ou incompatibilidade.
f) Para optar a praza de técnico de xestión ambiental ten que ter algunha das seguintes titulacións: titulación universitaria ou ciclo superior das familias profesionais dos ámbitos de seguridade e medio ambiente, obras, forestal ou equivalente. Deberá estar en posesión do permiso de conducir clase B.
g) Coñecemento da lingua galega: de acordo ao establecido no artigo 51 da Lei 2/2015 do Emprego Público de Galicia, para darlle cumprimento á normalización do idioma galego nas Administración Pública de Galicia e para garantir o uso do galego nas relacións coas Administracións Públicas no ámbito da Comunidade Autónoma, así coma a promoción do uso normal do galego por parte dos poderes públicos de Galicia, nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades locais de Galicia incluírase un exame de galego, salvo para aqueles que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme a normativa vixente.
Polo tanto, quen non acredite o coñecemento do galego mediante a aportación do CELGA 2, (CELGA 4 no caso do técnico) título superior ou equivalente, deberá superar unha proba oral sobre o coñecemento do idioma galego.
Todos estes requisitos deberán reunirse con referencia ao último día da presentación de instancias.
Cuarta. Valoración do proceso selectivo.
FASE CONCURSO
Os méritos que se valorarán son os seguintes:
1. Experiencia profesional: a puntuación máxima que se poderá obter neste apartado é de 6 puntos.
a) Por servizos remunerados prestados na Administración pública na mesma categoría ou similar á do posto ao que se opta: 0,40 puntos por mes completo.
b) Por servizos remunerados prestados en empresas privadas na mesma categoría ou similar á do posto ao que se opta: 0,15 puntos por mes completo (máximo 2 puntos)
A experiencia profesional acreditarasé mediante a presentación do certificado de vida laboral actualizada expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social (orixinal ou copia cotexada) e copia dos contratos de traballo. A experiencia que non se considere debidamente acreditada non se puntuará. Rexeitaranse as fraccións de tempo inferiores ao mes (30 días) e os contratos a tempo parcial cunha xornada inferior á xornada completa valoraránse de xeito proporcional.
2. Formación para o emprego: a puntuación máxima que se poderá obter neste apartado é de 2 puntos. Por asistencia a cursos organizados por administracións públicas ou homologados, relacionados coas función do posto ao que se opta:
Cursos de ata 20 horas: 0,10 puntos/curso.
Cursos de 21 a 40 horas: 0,15 puntos/curso.
Cursos de 41 a 100 horas: 0,20 puntos/curso.
Cursos de 101 a 250 horas: 0,25 puntos/curso.
Cursos de 251 horas a 500 horas:0,35 puntos/curso.
Cursos de máis de 500 horas: 0,50 puntos/curso.
A formación dos traballadores acreditarase mediante a presentación da copia dos certificados acreditativos de ter realizada a acción formativa, na que conste o número de horas de formación realizada. No suposto de que non conste o número de horas da acción formativa, entenderase que teñen unha duración inferior a 20 horas, e puntuarase con 0,10 puntos por curso.
FASE OPOSICION:
1. Proba teórica: a puntuación máxima que se poderá obter neste apartado é de 4 puntos. Realizarase unha proba consistente en desenvolver un exame tipo test con 10 preguntas sobre os seguintes temarios:
a) Coñecemento do territorio.
b) Materiais e ferramentas empregados na realizacion de tareas de restauración de areas naturais degradadas, xardinería e roza de zonas verdes.
c) Operacións de xardinería e roza.
d) Seguridade e medio ambiente
e) Prevención de riscos laborais no sector forestal.
- Cada resposta correcta sumará 0,40 puntos.
- Cada resposta errada restará 0,20 puntos.
2. Proba práctica: a puntuación máxima que se poderá obter neste apartado é de 8 puntos. Se realizará unha proba práctica relacionada cos puntos b, c, d, é e do temario, tendo en contas as tarefas do posto obxecto de convocatoria de acordo co nivel e categoría do posto ou ben directamente relacionado cos cometidos a cumprir no que se valorará de xeito especial a pericia propia do oficio ou labor e a celeridade na súa execución.
QUINTA. Forma e prazo da presentación de solicitudes.
1. As solicitudes para participar neste concurso presentaranse, conforme ao modelo que figura como anexo I das bases, no prazo de tres días hábiles no Rexistro xeral do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 h., ou na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sendo necesario neste caso comunicar a remisión da documentación vía fax ao Concello. O dito fax deberá ter entrada no prazo de presentación das solicitudes, pois noutro caso non serán admitidas (fax do concello: 988425700).
2. O referido prazo computarase a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario "La Región", achegándose a seguinte documentación:
a. Copia compulsada do DNI ou documento que proceda no caso dos estranxeiros.
b. Acreditación documental xustificativa dos méritos esixidos. (soamente se terán en conta os méritos alegados con data límite o último día da presentación de instancias).
c. Declaración xurada de cumprir cos requisitos necesarios para contratar coa Administración pública, así como de non estar incurso en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación vixente (Anexo II).
SEXTA. Tribunal cualificador
1. O tribunal, que terá como función a valoración dos méritos alegados polos aspirantes e as probas establecidas nas bases, estará integrado polos seguintes membros:
- Presidente.
- Vogal.
- Secretario-vogal.
A comisión está facultada para interpretar e resolver as cuestións que poidan suscitarse na aplicación das normas de procedemento, inspirándose a súa actuación no principio de economía, celeridade e eficacia.
O tribunal valorará a documentación presentada na fase de concurso e as probas realizadas na fase oposición, de acordo ás bases da convocatoria.
O tribunal poderá dispor a incorporación de asesores especialistas, quenes se limitarán ao exercicio das súas especialidades técnicas, que serán a única base da súa colaboración co órgano de decisión e que actuarán con voz pero sen voto.
No suposto de que forme parte do tribunal algunha persoa allea ao Concello, terá dereito a percibir indemnización por a asistencia correspondente segundo o Real Decreto 462/2002 do 24 de maio.
SÉTIMA. Procedemento de selección
Rematado o prazo de presentación de instancias, por resolución da Presidencia aprobarase a lista definitiva de admitidos e excluídos ao concurso. A mesma resolución do alcalde conterá a composición do tribunal, convocandose aos aspirantes o día 22 de xullo para a realización das probas. A lista fixarase no Taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Monterrei (www.monterrei.es).
A orde de clasificación definitiva de todos os aspirantes virá determinado pola suma das puntuacións totais obtidas no proceso selectivo.
De acordo coa relación, elevarase ao alcalde, ademáis da acta da sesión, a proposta de nomeamento dos aspirantes aprobados, procedendo o alcalde ao nomeamento dos aspirantes seleccionados, efectuándose a formalización do correspondente contrato laboral.
En ningún caso o tribunal cualificador poderá propoñer para a contratación maior número de aspirantes que prazas convocadas.
Cos traballadores que superasen as probas farase unha listaxe por orde de puntuación que no suposto de renuncia dalgún dos traballadores contratados con anterioridade á finalización do servizo, substituirase polo traballador seguinte na lista de similares características.
OITAVA. Recursos.
Estas bases e demais actos administrativos que se deriven do proceso selectivo poderán ser impugnados polos interesados utilizando os medios previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administraciónns públicas e do procedemento administrativo común e na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
NOVENA.- Normas supletorias de aplicación
En todo o non previsto nestas Bases será de aplicación supletoria o establecido nas seguintes normas:
a) Bases xerais reguladoras da contratación do persoal da mancomunidade de municipios da comarca de Verín e dos concellos de Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra e Vilardevós.
(consultábeis na seguinte web: http://www.mancoverin.es/category/novas/page/5/)
b) Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público
c) Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
d) Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
e) Lei 5/1997, de 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia.
f) Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local

