O CONCELLO DE MONTERREI OFERTA DEZ PRAZAS TEMPORAIS
Son para formar a brigada antiincendios forestais
O concello de Monterrei fai pública a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos postos de traballo: 2 xef@s de brigada, 2 pións-condutor/as e 6 pións. A alcaldía, mediante resolución do 7 de xullo de 2016, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente os postos mencionados. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de tres días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es

