Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE MONTERREI OFERTA 3 POSTOS TEMPORAIS

08 Nov 2016

Son para pións de obras públicas

O concello de Monterrei publica no bop do martes 8 de novembro unha convocatoria de selección de persoal para a provisión de postos de traballo para  3 pións de obras públicas. A alcaldía, mediante resolución do 3 de novembro de 2016, aprobou as bases ás que se axustará o concurso de méritos para seleccionar e contratar temporalmente a 3 peóns de obras públicas. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP (8/11/16). As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es.

Volver