O CONCELLO DE MONTERREI CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO
Selecciona persoal para o servizo de axuda no fogar
O concello de Monterrei fai pública no BOP do 20 de setembro a convocatoria de selección de persoal para a creación dunha bolsa de emprego para o servizo de axuda no fogar. A alcaldía, mediante a resolución do 18 de setembro de 2017, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a creación dunha bolsa de emprego para o servizo de axuda no fogar. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 h, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP (20/09/17). As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es

