O CONCELLO DE MONTERREI CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO DE EDUCADOR/A SOCIAL
Trátase dun concurso oposición
Convocatoria de selección de persoal para a creación dunha bolsa de emprego de educador social. A alcaldía, mediante a resolución do 9 de outubro de 2020, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a creación dunha bolsa de emprego de educador social. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 h, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es

