Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MONTERREI CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

22 Mai 2020

Formarán unha brigada de conservación e mantemento do contorno do castelo de Monterrei

O concello de Monterrei fai pública no BOP do 22 de maio a convocatoria de selección de persoal para a creación dunha bolsa de emprego para a brigada de conservación e mantemento do contorno do castelo de Monterrei. A alcaldía, mediante a resolución do 15 de maio de 2020, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a creación dunha bolsa de emprego para a brigada de conservación e mantemento do contorno do castelo de Monterrei. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es

Volver