Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE MONTERREI CREA DÚAS NOVAS BOLSAS DE EMPREGO

10 Feb 2017

Son para o servizo de limpeza e para o de axuda no fogar

O concello de Monterrei publica no BOP do venres 10 de febreiro as convocatorias de selección de persoal para a creación de dúas bolsas de emprego. A primeira é para o servizo de axuda no fogar, e a segunda é para o servizo de limpeza do concello. A Alcaldía, mediante resolución do 07 de febreiro de 2017,aprobou as bases ás que se axustarán os concursos-oposicións para a creación das bolsas de emprego no servizo de axuda no fogar, así como no servizo de limpeza. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio no BOP (10/02/2017). As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es

Volver