O CONCELLO DE MONTERREI CREA DÚAS BOLSAS DE EMPREGO
Son para as brigadas de obras e para a de conservación do Castelo de Monterrei
O concello de Monterrei fai públicas no BOP do 5 de marzo as convocatorias para a creación de dúas bolsas de emprego. A primeira delas é para a brigada de conservación e mantemento do contorno do Castelo de Monterrei e a segunda é para a brigada de obras e servizos.
Convocatoria de selección de persoal para a creación dunha bolsa de emprego para a brigada de conservación e mantemento do contorno do Castelo de Monterrei. A alcaldía, mediante resolución do 3 de marzo de 2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a creación dunha bolsa de emprego para a brigada de conservación e mantemento do contorno do Castelo de Monterrei. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 h, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es
Convocatoria de selección de persoal para a creación dunha bolsa de emprego para a brigada de obras e servizos. A alcaldía, mediante resolución do 3 de marzo de 2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a creación dunha bolsa de emprego para a brigada de obras e servizos. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 h, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es

