Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE MONTERREI CONVOCA UNHA SELECCIÓN DE PERSOAL

03 Xun 2017

É pra a ampliación da bolsa de emprego de axuda no fogar

O concello de Monterrei fai pública no BOP do 3 de xuño a convocatoria de selección de persoal para a ampliación da bolsa de emprego do servizo de axuda no fogar. A alcaldía, mediante resolución do 29 de maio de 2017, decretou a apertura dun prazo extraordinario de selección na bolsa de emprego de axuda no fogar, que se axustará en todo caso ao disposto nas bases da dita bolsa. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 h, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación no BOP (3/6/17). As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no Concello e na páxina web www.monterrei.es

Volver