Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MONTERREI BUSCA UN/HA TÉCNICO DE INFORMACIÓN TURÍSTICA

03 Xul 2021

Trátase dun contrato temporal

O concello de Monterrei fai pública no BOP do 3 de xullo a convocatoria de selección de persoal para a provisión de postos de traballo para 1 técnico/a de información turística. A alcaldía, mediante a resolución do 30 de xuño de 2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso para seleccionar e contratar 1 técnico/a de información turística. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 h, durante o prazo dos cinco días hábiles seguintes ao de publicarse este anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos que establecen as bases, que se atopan á disposición do público no concello e na web www.monterrei.es

Volver