Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MONTERREI ABRE UNHA NOVA BOLSA DE EMPREGO

09 Mar 2022

É para a brigada de conservación e mantemento do contorno do Castelo

O concello de Monterrei publica a convocatoria de selección de persoal para a creación dunha bolsa de emprego para a brigada de conservación e mantemento do contorno do Castelo de Monterrei no BOP do 9 de marzo. A alcaldía, mediante resolución do 4 de marzo de 2022, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a creación dunha bolsa de emprego para a brigada de conservación e mantemento do contorno do Castelo de Monterrei. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 h, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es

Volver