Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MONTERREI ABRE UNHA BOLSA DE EMPREGO

25 Abr 2019

É para Auxiliares de Axuda no Fogar

O concello de Monterrei fai pública no BOP do 25 de abril a convocatoria de selección de persoal para a creación dunha bolsa de emprego no servizo de axuda no fogar. A alcaldía, mediante resolución do 23 de abril de 2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a creación dunha bolsa de emprego no Servizo de Axuda no Fogar. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9:00 h a 14:00 h, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es

Volver