O CONCELLO DE MONTEDERRAMO OFERTA UNHA PRAZA DE AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO
Asemade, crea unha bolsa de emprego nesa categoría
O concello de Montederramo fai pública no BOP do 20 de maio a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases elaboradas o 16 de maio de 2023 e aprobadas por resolución da alcaldía núm. 2023-0278 do mesmo día.
1. Número e denominación da praza: un/unha auxiliar de axuda a domicilio e creación dunha bolsa de emprego
2. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal. Contrato por circunstancias da produción a xornada completa, con horario flexible, incluídas fins de semana e festivos cos descansos establecidos na normativa vixente.
3. Duración do contrato: 6 meses, con data prevista de inicio o 1 de xuño de 2023.
4. Sistema de selección: concurso
5. Lugar e prazo de presentación de instancias: por vía electrónica ou presencialmente no Rexistro do Concello, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo: cinco días hábiles dende a publicación deste anuncio no BOP de Ourense
Exposición das bases: o texto completo atópase a disposición do público no concello (taboleiro de edictos), na páxina web (www.montederramo.es) e na sede electrónica municipal (http://montederramo.sedelectronica.gal).
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de
conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica [http://montederramo.sedelectronica.gal] e no taboleiro de
anuncios.