O CONCELLO DE MONTEDERRAMO OFERTA UN POSTO TEMPORAL
É un posto de informador/a turístico
O concello de Montederramo fai pública no BOP do 21 de abril a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases elaboradas o 14 de abril de 2023 e aprobadas por resolución de alcaldía n.º 0199/2023 da mesma data
Informador/a turístico/a-administrativo/a
1-Número e denominación da praza: 1 informador/a turístico/a–administrativo/a
2-Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por circunstancias da produción, a xornada completa, con horario flexible, incluídas as fins de semana e os festivos
3-Duración do contrato: catro meses, con data prevista de inicio o 1 de xuño de 2023
4-Sistema de selección: concurso
5-Lugar e prazo de presentación de instancias: por vía electrónica ou presencialmente, no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo: dez días hábiles desde a publicación deste anuncio no BOP de Ourense
Exposición das bases: o texto completo atópase á disposición do público no concello (taboleiro de edictos) na páxina web (www.montederramo.es) e na sede electrónica municipal (http://montederramo.sedelectronica.gal)
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica [http://montederramo.sedelectronica.gal] e no taboleiro de anuncios.