Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MONTEDERRAMO OFERTA TRES POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

09 Mai 2022

Son para pións forestais

O concello de Montederramo fai pública no BOP do 9 de maio a convocatoria para as contratacións laborais que se indican a continuación, segundo as bases aprobadas pola Alcaldía con data 04/05/2022:

1. Número de prazas: tres pións forestais.

2. Denominación: limpeza e roza (prevención de incendios forestais).

3. Modalidade de contratación: laboral temporal de interese social.

4. Duración do contrato: nove meses.

5. Sistema de selección: concurso, tras a oferta de emprego previa no SEPE.

6. Prazo de presentación de instancias: 10 días hábiles dende o da entrevista cos demandantes de emprego interesados, nas oficinas municipais. Lugar: no Rexistro do Concello de Montederramo, de luns a venres, das 09:00 ás 14:00 h ou a través de calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

7. Bases: o texto íntegro está publicado no taboleiro de anuncios do concello, na sede electrónica e na páxina web
www.montederramo.es

8. As contratacións realizaranse de acordo cos criterios establecidos no Programa APROL Rural para 2022, tras a tramitación previa da oferta de emprego no Servizo Público Galego-oficina A Ponte-Ourense, polo que as persoas interesadas deberán estar inscritas previamente na citada oficina.

Volver