Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MONTEDERRAMO OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO

03 Xun 2020

Son contratos temporais

O concello de Montederramo fai pública no BOP do 3 de xuño a convocatoria para a contratación dun/dunha informador/a turístico-cultural-xuvenil e atención xeral ao público en dependencias municipais, durante cinco meses a xornada completa, e dun/dunha auxiliar do servizo de axuda no fogar durante catro meses a media xornada

Número de prazas: unha para cada contrato

Modalidade: contrato laboral temporal

Sistema de selección: concurso

Retribucións: salario mínimo interprofesional co rateo de pp.extras  para a primeira e salario mínimo interprofesional, a media xornada para a segunda.

Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro municipal do concello, no termo de cinco días dende a publicación deste anuncio no BOP de Ourense. O texto completo das bases para o posto de auxiliar do servizo de axuda no fogar será publicado na páxina web municipal (www.montederramo.es) e no taboleiro de edictos municipal.

Volver