Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MONTEDERRAMO OFERTA 13 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

17 Xun 2022

Son contratos de tres meses de duración

O concello de Montederramo fai público no BOP do 17 de xuño que, por resolución da alcaldía, do día 14/06/2022, apróbanse as bases e a convocatoria para cubrir as posibles vacantes nos postos seguintes:
2 capataces, 2 pións-condutoras/es e 6 pións forestais para as brigadas e 3 pións-condutoras/es para o vehículo motobomba.
Contrato: mellora da ocupación e inserción laboral, a xornada completa, con horario flexible, incluídas as fins de semana e festivos (por quendas).
Duración do contrato: tres meses, con data prevista de inicio o 1 de xullo de 2022.
Sistema de selección: concurso
Exposición das bases: o texto completo publicarase na sede electrónica, https://montederramo.sedelectronica.gal e taboleiro de edictos municipal. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica do concello [http://montederramo.sedelectronica.gal] e no taboleiro de anuncios.

Volver