O CONCELLO DE MELON OFERTA 13 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Formarán as brigadas contra incendios forestais
O concello de Melón fai pública no BOP do 29 de xuño a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: 6 pións/pioas forestais, 2 pións/pioas-forestais condutores/as, 2 xefes/as de brigadas e 3 condutores/as de motobomba.
A alcaldía, mediante resolución do 27 de xuño de 2023, aprobou as bases ás que se axustará o concurso para seleccionar e contratar temporalmente o persoal descrito de acordo co convenio interadministrativo subscrito coa consellaría do Medio Rural. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 8.00 a 14.30 h ou nos lugares recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. O texto íntegro das bases de selección atópase á disposición do público no concello e na sede electrónica http://concellodemelon.sedelectronica.gal