Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MASIDE CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

01 Xun 2020

É para auxiliares de axuda no fogar

O concello de Maside publicou no BOP do 1 de xuño a convocatoria de selección de persoal para a creación dunha bolsa de emprego para auxiliares de axuda no fogar. O Pleno, mediante acordo do 30/11/2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación de auxiliares de axuda no fogar (publicadas no BOP n.º 45, do 24/02/2020). Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 horas, durante o prazo de quince días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.maside.sedelectronica.gal

Aquelas persoas que xa presentaran a documentación para a inscrición na bolsa de emprego, non será necesario que a presenten de novo, sempre e cando reúnan as condicións que se establecen nas bases.

Volver