Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MASIDE CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

25 Ago 2023

Faino na categoría de auxiliar de axuda no fogar

O concello de Maside fai público no BOP do 25 de agosto que, mediante decreto da alcaldía, do 21 de agosto do 2023, aprobáronse as bases que regularán a creación dunha bolsa de emprego no concello de Maside e acordouse realizar a convocatoria para a presentación de solicitudes.
As citadas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal e na sede electrónica do concello de Maside [https://maside.sedelectronica.gal] e na web municipal (www.concellodemaside.gal), e entrarán en vigor ao día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP).

Clase de persoal: laboral temporal.

Prazas:

• Auxiliar de axuda no fogar.

Modalidade de contratación: contrato realizado ao amparo da normativa laboral vixente, segundo as necesidades do servizo, coa duración que se especifique nel.

Sistema de selección: concurso.

Prazo de presentación de solicitudes: dez días hábiles, que contarán desde o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Lugar de presentación de solicitudes: rexistro xeral do concello (de luns a venres, de 8.00 a 14.30 horas) ou a través
da sede electrónica do concello de Maside [https://maside.sedelectronica.gal], así como tamén nos rexistros e oficinas establecidos non artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Os modelos de solicitude e a demais información complementaria pódense consultar nas bases específicas da convocatoria, publicadas na sede electrónica do concello de Maside [https://maside.sedelectronica.gal] e na web municipal (www.concellodemaside.gal) ou persoalmente nas oficinas municipais (de luns a venres en horario de 8.00 a 14.30 horas).

Volver