Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MASIDE AMPLÍA A BOLSA DE EMPREGO DE AXUDA NO FOGAR

16 Out 2020

Faino por esgotamento da lista de agarda actual

O concello de Maside fai pública no BOP do venres 16 de outubro a convocatoria de selección de persoal para a ampliación da bolsa de emprego 2020 para auxiliares de axuda no fogar, por esgotamento da lista de agarda actual. O Pleno, mediante o acordo do 30/11/2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación de auxiliares de axuda no fogar (publicadas no BOP n.º 45, 24/02/2020). Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 horas, durante o prazo dos quince días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web maside.sedelectronica.gal

Volver