O CONCELLO DE MANZANEDA OFERTA UN POSTO TEMPORAL
Trátase da praza de socorrista para as piscinas municipais
O concello de Manzaneda fai pública no BOP do 8 de xuño, mediante decreto da alcaldía do concello de Manzaneda do día 2 de xuño de 2017 deuse aprobación ás bases para a contratación temporal de (1) socorrista para as piscinas municipais do concello de Manzaneda. O concello de Manzaneda formularalle unha oferta ao Servizo Publico de Emprego, polo que será requisito imprescindible ser demandante de emprego para tomar parte neste proceso selectivo, así como cumprir cos demais requisitos esixidos na orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria. As bases estarán a disposición dos/as interesados/as no momento da concesión da axuda pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, na Secretaría Municipal, en horario de 9.00 a 13.30 horas, os/as cales poderán solicitar copias en calquera momento, dentro do horario de oficina, chamando ao teléfono 988 33 30 43, ou na páxina web do concello www.concellodemanzaneda.es.

