O CONCELLO DE MANZANEDA CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO
Son pra cubrir varios postos en diferentes categorías
O concello de Manzaneda, mediante decreto da alcaldía do día 22 de marzo de 2017, aprobando as bases para a confección dunha bolsa de emprego de determinadas categorías do concello publica no BOP do 11 de abril as seguintes bases:
Para tomar parte os/as aspirantes deberán reunir, ademais dos requisitos establecidos na base segunda, os seguintes títulos académicos en función do posto a desenvolver:
Anexo II
Relación de postos e titulación de acceso aos mesmos.
II.1. ATS/DUE Residencia 3ª Idade: ATS/DUE: estar en posesión do título de Diplomatura en Enfermería ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
II.2- Fisioterapeuta Residencia 3ª Idade: estar en posesión do título de Diplomatura en Fisioterapia ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
II.3.- Auxiliar de Clínica Residencia 3ª Idade: estar en posesión do título de técnico de coidados auxiliares de enfermería FP Rama Clínica, ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
II.4.- Xericultor/a Residencia 3ª Idade: estar en posesión do título de Técnico de Atención Sociosanitarias, FP Rama Clínica ou equivalente ou certificado de profesionalidade de atenciónsociosanitarias a persoas en institucións ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación desolicitudes.
II.5.- Camareira-limpadora Residencia 3ª Idade: estar en posesión do título de certificado de escolaridade ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
II.6.- Cociñeiro/a: estar en posesión do título de Técnico Superior en Restauración, ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación
de solicitudes.
II.7.- Oficial 2ª cociña: estar en posesión do Ciclo de Grao Medio en Cociña e Gastronomía, FP Rama Hostalería ou equivalente, certificado de profesionalidade ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
II.8.-Auxiliar do SAF: estar en posesión do título de Técnico de Coidados Auxiliares de Enfermería FP Rama Clínica, certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
II.9.- Educador/a social Residencia 3ª Idade: estar en posesión do título de Grado/Diplomatura en Educación Social ou equivalente ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá estar en posesión do documento que acredite fidedignamente a súa homologación. As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao alcalde e deberán presentarse no rexistro do concello (os días laborais de 9.00 a 13:30 horas) durante o prazo de 10 días naturais, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. As bases estarán a disposición dos/as interesados/as na Secretaría municipal, en horario de 9.00 a 13:30 horas, os cales poderán solicitar copias en calquera momento, dentro do horario de oficina, chamando o teléfono 988 333 043 ou na páxina web do concello www.concellodemanzaneda.es.

