Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE MANZANEDA ANUNCIA UNHA CONTRATACIÓN

08 Abr 2016

Ofertan unha praza de chófer de tractor rozador

O concello de Manzaneda mediante decreto da Alcaldía do día 31 de marzo de 2016, acordou aprobar as bases para a selección de persoal para a contratación dun chofer do tractor rozador do Concello de Manzaneda. A  denominación do posto de traballo é Chofer tractor rozador, pertencente o grupo de función III, e cun tipo de contrato de obra ou servizo xornada completa. A citada contratación vén derivada da necesidades de dar cobertura ao Convenio de colaboración coa Deputación Provincial de Ourense para a limpeza das marxes das redes viarias provinciais e municipais na campaña do ano 2016.
As funcións que desempeñará serán as seguintes:
- Manexo do tractor rozador do concello nos labores de limpeza da rede viaria provincial: bermas, paseos, foxos e  noiros baixo a Dirección da Deputación Provincial, segundo se estableza no convenio.
- Limpeza e mantemento do vehículo, control de carburante, de fluídos, do estado dos neumáticos, etc, ...
- Calquera outras que a Alcaldía lle encomende e estean relacionadas co posto a que se opta.
As retribucións virán determinadas segundo o Convenio de colaboración subscrito coa Deputación Provincial de Ourense, non podendo exceder as retribucións establecidas nel.
As solicitudes para participar neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao señor alcalde e  deberán presentarse no Rexistro do concello (os días laborables de 9.00 a 13.30 horas) durante o prazo de 7 días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
As bases estarán a disposición dos/as interesados/as na Secretaría Municipal, en horario de 9.00 a 13.30 horas, os cales poderán solicitar copias en calquera momento, dentro do horario de oficina, chamando ao teléfono 988 333 043.

Volver