Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MACEDA OFERTA UN CONTRATO DE SOCORRISTA

12 Xun 2021

Traballará nas piscinas municipais

O concello de Maceda fai pública no BOP do 12 de xuño a convocatoria para a contratación dun/dunha socorrista para a piscina municipal. Mediante a resolución de alcaldía do 8 de xuño de 2021, ise concello aprobou as bases para contratar un/unha socorrista:
1. Número de prazas: unha
2. Modalidade de contratación: obra ou servizo de duración determinada
3. Duración do contrato: apertura da piscina municipal durante a tempada de verán de 2021
4. Sistema de selección: concurso
5. Lugar e prazo de presentación das solicitudes: as solicitudes presentaranse no rexistro xeral do concello, tras solicitar unha cita previa, no prazo de cinco días hábiles, que contarán  a partir do día seguinte ao de publicarse o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. As instancias, xunto coa documentación precisa, tamén poderán remitirse na forma que dispón o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como a través da sede electrónica do Concello de Maceda. No caso de non ser presentadas no Rexistro Municipal, as persoas aspirantes deberán remitir un fax (988 463 163) ou un correo electrónico: laboral@concellodemaceda.org, coa copia da solicitude debidamente rexistrada o mesmo día da súa presentación. As solicitudes recollerán os requisitos que establecen as bases, que se atopan á disposición do público na web: www.concellodemaceda.org e na sede electrónica do concello.

Volver