O CONCELLO DE MACEDA OFERTA DÚAS PRAZAS DE SOCORRISTA
Son contratos temporais deica o 15 de setembro
O concello de Maceda publica no BOP do 20 de maio a convocatoria para a contratación de socorristas para a piscina municipal. Trátase de dúas prazas con modalidade de contratación por obra ou servicio de duración determinada, con duración deica o 15 setembro de 2017. O sistema de selección será por concurso. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles a contar desde o seguinte á publicación do anuncio no BOP (20/5/17). Na mesma data e horario poderán consultarse as bases.

