O CONCELLO DE MACEDA OFERTA CATRO POSTOS TEMPORAIS
Convoca catro prazas para a axuda a domicilio
O concello de Maceda publica no BOP do venres 28 de outubro a convocatoria para a contratación laboral temporal de 4 prazas para auxiliares de axuda a domicilio, para o programa da lei de dependencia e SAF básica con tipos de contrato por obra ou servicio determinado en tres das prazas, e por substitución de vacacións noutra. A xornada será completa e a duración será de 1 ano nun caso, até o 31/12/16 noutros dous e até o fin das vacacións noutro. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. O prazo para a presentación de solicitudes é cinco día hábiles contadosdesde o seguinte á publicación do presente anuncio no BOP. e o lugar de presentación no rexistro xeral do concello de Maceda, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Na mesma data e horario poderán consultarse as bases.

