Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE MACEDA OFERTA 8 PRAZAS DE TRABALLO

23 Abr 2017

Son pra constituír a brigada contra incendios forestais e pra tres condutor@s de motobomba

O concello de Maceda publica no BOP do 22 de abril dúas convocatorias para a contratación laboral temporal que se indican a continuación:


1ª Brigada para prevención e defensa contra incendios forestais (1 xef@ de brigada, 1 pión condutor/a e 3 pións de brigada. A modalidade de contratación será por contrato laboral temporal por obra/servicio determinado a tempo completo. A duración do contrato será de tres meses dende a sinatura do contrato. Para o sistema de selección optaron polo concurso-oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles a contar desde o seguinte á publicación do anuncio no BOP (22/04/17). Na mesma data e horario poderán consultarse as bases.

2ª Tres condutor@s para vehículo motobomba. Pra esta convocatoria a modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra/servicio determinado a tempo completo. A duración do contrato de tres meses dende a sinatura do mesmo. Para o sistema de selección optaron polo concurso-oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles a contar desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP (23/04/17). Na mesma data e horario poderán consultarse as bases.

Volver