Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MACEDA OFERTA 8 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

25 Xun 2019

Son postos para formar a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais

O concello de Maceda fai públicas no BOP do 25 de xuño dúas convocatorias para a contratación laboral temporal que formarán a brigada contra incendios forestais.

A primeira é a seguinte:
Numero e denominación das prazas: brigada para a prevención e defensa contra incendios forestais (1 xefa/e de brigada, 1 pión condutor/a e 3 pións de brigada). Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servicio determinado a tempo completo. Duración do contrato: desde a sinatura do contrato ata a finalización da tempada de incendios forestais determinada pola Xunta de Galicia. Sistema de selección: Concurso. Prazo de presentación de solicitudes: cinco días hábiles a contar desde o seguinte á publicación do presente anuncio no B.O.P. Na mesma data e horario poderán consultarse as bases.

A segunda convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica a continuación:
Número e denominación das prazas: tres condutoras/es para vehículo motobomba. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. Duración do contrato: desde a sinatura do contrato ata a finalización da tempada de incendios forestais determinada pola Xunta de Galicia.Sistema de selección: concurso. Prazo de presentación de solicitudes: cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP. Na mesma data e horario poderán consultarse as bases.

Volver