O CONCELLO DE MACEDA OFERTA 8 POSTOS DE TRABALLO PARA AS BRIGADAS DE EXTINCIÓN DE INCEDIOS FORESTAIS
Trátase de contratos laborais temporais
O concello de Maceda fai público no BOP do 7 de maio a convocatoria para a contratación laboral temporal das prazas de brigada para prevención e defensa contra incendios forestais (1 xef@ de brigada, 1 pión condutor, 3 pións de brigada e tres condutor@s para vehículo motobomba. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. A duración do contrato irá dende a sinatura do contrato até afinalización da tempada de incendios forestais determinada pola Xunta de Galicia. Pra o sistema de selección optaron polo concurso. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles a contar desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP. Na mesma data e horario poderán consultarse as bases.

