O CONCELLO DE MACEDA CREA UNHA BOLSA PARA A AXUDA NO FOGAR
É para o ano 2023
O concello de Maceda, mediante resolución da alcaldía do día 19 de decembro de 2022, aprobou as bases para a creación dunha bolsa de emprego para o servizo de axuda no fogar, que se publica no BOP do venres 23 de decembro:
1. Modalidade de contratación: temporal.
2. Duración da bolsa: do 1/01/2023 ao 31/12/2023.
3. Sistema de selección: concurso.
4. Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no rexistro xeral do concello ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas durante o prazo de 7 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense
As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público na páxina www.concellodemaceda.org e na sede electrónica do concello.