Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MACEDA BUSCA AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

16 Dec 2021

Crean unha nova bolsa de emprego

O concello de Maceda fai pública no BOP do 16 de decembro a convocatoria para crear unha bolsa de emprego para o servizo de axuda no fogar. Mediante a Resolución da Alcaldía do 13 de decembro de 2021, aprobáronse as bases para crear unha bolsa de emprego para o servizo de axuda no fogar:

1. Modalidade de contratación: temporal
2. Duración da bolsa: do 01/01/2022 ao 31/12/2022
3. Sistema de selección: concurso
4. Lugar e prazo de presentación das solicitudes: no Rexistro Xeral do concello ou por calquera das formas que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas durante o prazo de 7 días hábiles, que contarán desde o seguinte ao de publicarse o presente anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos que establecen as bases, que se atopan á disposición do público na páxina www.concellodemaceda.org e na sede electrónica do concello.

Volver