O CONCELLO DE LOBIOS PRECISA PERSOAL PARA AS BRIGADAS CONTRA INCENDIOS
Ofertan dez postos de traballo temporais
O concello de Lobios fao pública no BOP do 4 de xuño a convocatoria e bases de selección para contratar 2 xefes/as de brigada, 2 pións condutores/as e 6 pións forestais para formar dúas brigadas de prevención e defensa
Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía do 31/05/2021:
1. Número e denominación das prazas: 10 traballadores/as para desempeñar o servizo denominado “brigadas de prevención e defensa de incendios forestais”
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa
3. Duración do contrato: tres meses
4. Sistema de selección: concurso-oposición
5. Retribucións totais:
-Xefe/a de brigada. Soldo: 1.225,00 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional da paga extra
-Pión/peoa condutor/a. Soldo: 1.166,67 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional da paga extra
-Pións forestais. Soldo: 1.108,34 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional da paga extra
6. Lugar e prazo de presentación das solicitudes: 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Lobios ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

