Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE LOBIOS OFERTA UNHA PRAZA DE CHOFER DE ROZADOIRA

04 Xan 2023

Trátase dunha contratación laboral temporal interina

O concello de Lobios fai pública no BOP do mércores 4 de xaneiro a convocatoria para a provisión dunha (1) praza de operario/a condutor/a de rozadoira, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía do día 30.12.2022.

1. Número de prazas: 1, operario/a de condutor/a rozadoira
2. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal interina, na modalidade de contrato laboral de duración determinada de substitución para a cobertura do posto de traballo durante o proceso de selección para a súa cobertura definitiva mediante contrato fixo (D.A. 4ª Real decreto lei 32/2021).
3. Xornada: completa
4. Sistema de selección: concurso-oposición
5. Duración do contrato: mentres dure o proceso para a selección desta praza (1) como persoal laboral fixo. (D.A. 4ª real decreto lei 32/2021).
6. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: nos dez (10) días hábiles seguintes ao de publicación do presente anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7. Exposición de bases: o texto completo das bases de selección
está publicado en el taboleiro de anuncios, na páxina web do concello (http://www.lobios.org/) e na sede electrónica
deste concello https://lobios.sedelectronica.gal/info.0

Volver