Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE LOBIOS OFERTA UNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIV@

27 Xul 2020

Trátase dun contrato temporal

O concello de Lobios fai pública no BOP do 27 de xullo a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 21/07/2020:
1.- Número e denominación das prazas: un/unha (1) auxiliar administrativo/a dende a data de sinatura do contrato ata o 30 de novembro de 2020, ao abeiro do Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade 2020.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa
3.- Duración do contrato: dende a data de sinatura do contrato até o 30 de novembro de 2.020
4.- Sistema de selección: concurso-oposición
5.- Retribucións totais: 1.220,34 €/mes (incluída pppe).
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Lobios ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://lobios.sedelectronica.gal

Volver