O CONCELLO DE LOBIOS OFERTA DOCE POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Traballarán en obras de limpeza, conservación e mantemento e formarán as brigadas antiincendios forestais
O concello de Lobios fai público no BOP do luns 1 de xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía, con data 27/05/2020:
1.- Número e denominación das prazas: dúas/dous trabalhadoras/es para a realización de obras para a limpeza, conservación e mantemento de camiños, espazos públicos e parques no termo municipal de Lobios, durante 6 meses ao abeiro do Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade 2020.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa
3.- Duración do contrato: seis meses
4.- Sistema de selección: concurso-oposición
5.- Retribucións totais: 1.108,33 €/mes (incluída pppe).
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Lobios ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://lobios.sedelectronica.gal
Asemade, tamén fai pública o mesmo día a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 28/05/2020:
1.- Número e denominación das prazas: dez traballadoras/es para a realización do servizo denominado “Brigadas de prevención e defensa de incendios forestais”.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa.
3.- Duración do contrato: tres meses.
4.- Sistema de selección: concurso-oposición.
5.- Retribucións totais:
- Xefe de brigada. Soldo: 1.225,00 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional da paga extra.
- Peón condutor. Soldo: 1.166,67 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional da paga extra.
- Peóns forestais. Soldo: 1.108,34 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional da paga extra.
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Lobios ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://lobios.sedelectronica.es

