Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE LOBIOS CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

05 Xun 2021

É para a brigada medioambiental

O concello de Lobios fai públicas no BOP do 5 de xuño as bases que rexen a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego temporal para a creación dunha brigada medioambiental  mediante concurso-oposición. Por Resolución da Alcaldía núm. 2021-0386 do día 2 de xuño, aprobáronse as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego temporal para unha brigada medioambiental no concello de Lobios ata o 31.10.2021 As ditas bases están publicadas no taboleiro de anuncios municipal, na sede electrónica deste concello https://lobios.sedelectronica.gal/  e entrarán en vigor ao día seguinte da publicación deste anuncio no BOP. O prazo de presentación de instancias será de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial de la Provincia, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. Todos os anuncios sucesivos serán publicados no taboleiro de anuncios municipal, na sede electrónica deste concello https://lobios.sedelectronica.gal/. Contra estas bases, que poñen fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Alcaldía deste concello, de conformidade  cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa  elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13  de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo até que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente.

Volver