Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE LOBIOS BUSCA PERSOAL PARA FORMAR A BRIGADA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

13 Xun 2023

Son contratos de tres meses de duración

Oferta publicada no BOP do 13 de xuño polo concello de Lobios:

Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación,segundo as bases aprobadas pola resolución da alcaldía do día 08/06/2023:

1. Número e denominación das prazas: 2 xefes/as de brigada, 2 pións/pioas condutores/as e 6 pións/pioas forestais para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa de incendios forestais.
2. Modalidade de contratación: temporal de duración determinada (DA quinta do RDL 32/2021, do 28 de decembro), a xornada completa.
3. Duración do contrato: tres meses
4. Sistema de selección: concurso-oposición
5. Retribucións totais:
- Xefe/a de brigada. Soldo: 1.460,00 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional da paga extra.
- Pión/pioa condutor/a. Soldo: 1.310,00 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional da paga extra.
- Pións/pioas forestais. Soldo: 1.260,00 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional da paga extra.
6. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Lobios ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do Concello e na ede electrónica municipal, http://lobios.sedelectronica.es

Volver