O CONCELLO DE LOBIOS BUSCA DOCENTES PARA UN CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA
Son contratos temporais para a impartición do curso
O concello de Lobios fai pública no BOP do 22 de xuño a convocatoria para a contratación laboral segundo as bases aprobadas pola resolución da alcaldía con data 18/06/2018 para as prazas de docentes para curso de atención sociosanitaria de persoas dependentes en institución sociais. Como máximo tres (3) prazas. A modalidade de contratación será laboral temporal por obra e servizo. A duración do contrato irá dende 03/07/2018 até o 24/08/2018 para os módulos MF1019-2 e MP0029. Para o módulo FC003 dende 27/08/2018 até o 28/08/2018. Para o módulo FCOXXXX24dende o 29/08/2018 até o 30/08/2018. Sistema de selección: valoración de méritos e entrevista curricular. Retribucións totais: a retribución será a sinalada na Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 22 de maio de 2017 e normativa complementaria, que determina para os docentes, concretándose nun importe bruto 20 €/hora nos módulos MF1019_2, FCOO03 e FCOXXX24; e nun importe de 2,11 €/hora e por alumno, no módulo MP0029. A xornada será de 5 horas diarias de luns a venres, podendo variarse a distribución diaria pola alcaldesa, por razóns derivadas do desenvolvemento do curso. O lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte á publicación no BOP, no rexistro do concello de Lobios ou por calquera dos medios admitidos en dereito. O texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal: http://lobios.sedelectronica.gal

